17 mar 2013

A SEMANA DA PRENSA E O DÍA DO CONSUMIDOR

Esta semana está reflexada no calendario escolar como a Semana da Prensa.
De aí que o noso recuncho de normalización contase cun mural no que aparecen recortes de xornais referentes ás outras dúas conmemoracións do mes de Marzo: ao Día da Muller Traballadora e ao Día dos Dereitos do Consumidor.



OLLO!, QUE NON CHE METAN GATO POR LEBRE!!!


E AGORA UN PAR DE VIÑETAS PARA POÑERLLE UN POUCO DE HUMOR, QUE PARA ISO TEMOS DEREITOS!!!



2 mar 2013

O DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O venres día 8 celébrase o Día da Muller Traballadora.


              "SEN MULLERES NON HAI GALICIA"  (Xunta de Galicia)
Pincha na imaxe e verá o vídeo que promove a Consellería.



Dende o equipo de Normalización, colocamos un pequeno mural referente ao tema.



Tamén  propoñemos díferentes actividades para os diferentes ciclos.




Pincha na imaxe e verás exemplos de actividades para os máis pequenos.




O ÚLTIMO PROVERBIO DE FEBREIRO


O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro está recollido oficialmente como o Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.

Pinchando na imaxe verás un vídeo da súa vida e obra.


Ademáis, celébrase o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, obra clave de Rosalía.



 No noso colexio celebrouse ao largo de toda esta semana esta data tan importante. Cada día, na hora do Proxecto Lector, cada ciclo subiu á biblioteca para escoitar fermosos versos de Rosalía que recitaban outros alumnos/as.

Por exemplo, aquí vedes ao alumnado máis pequecho escoitando a nenos e nenas de 4º de Educación Primaria.