18 nov 2014

GALICONS-NET

O noso centro foi seleccionado para participar nun proxecto sobre o efecto do consumo nos máis pequenos.
Dito proxecto está promovido pola Consellería de Economía e Industria dentro do Plan Proxecta de Innovación.

En concreto, dúas aulas de Educación Infantil traballarán no proxecto que versará sobre o consumo en relación cos xoguetes, o xénero e a publicidade.
Con este proxecto tamén promoveremos o uso do galego dado que todo o proxecto o realizaremos na nosa lingua.

Como estamos ás portas do Nadal...aquí vai un pensamento dos nenos/as acerca do tema.


6 nov 2014

SAMAÍN E MAGOSTO

A TARDE DO XOVES 30 DE OUTUBRO FESTEXAMOS POR TODO O ALTO O SAMAÍN E O MAGOSTO.
DURANTE TODA A SEMANA OS NENOS E NENAS TROUXERON AS SÚAS CABAZAS (QUE ESTIVERON EXPOSTAS NOS DOUS COLEXIOS).
O XOVES POLA TARDE, MOITO ALUMNADO ASISTIU DISFRAZADO E TROUXERON COMIDAS TERRORÍFICAS QUE DEGUSTARON NAS PROPIAS AULAS.
DESPOIS, TODOS SAÍMOS AO PATIO E COMEMOS CASTAÑAS ATA FARTAR!
PARA REMATAR A XORNADA, CADA NEN@ QUE PARTICIPOU NA EXPOSICIÓN DE CABAZAS LEVOU PARA A CASA O SEU DIPLOMA ACREDITATIVO DE PARTICIPACIÓN.

COMO NON PODÍA SER DOUTRA FORMA, DEDICAMOS O NOSO RECUNCHO DE NORMALIZACIÓN A ESTES TEMAS:
EN CANTO AO MAGOSTO, FALAMOS DO FIÚNCHO E DA NÉBEDA, PLANTAS MEDICINAIS QUE FAN QUE AS CASTAÑAS SEXAN MÁIS DIXESTIVAS.
EN CANTO AO SAMAÍN, DECORAMOS O MURAL.

                                        O NOSO RECUNCHO DE NORMALIZACIÓN




A EXPOSICIÓN DE CABAZAS
                                              COMIDAS TERRORÍFICAS

                                                     DISFRAZÁMOSNOS
                                                  



30 sept 2014

ARRANCAMOS!

Xa está elaborado o proxecto para este curso así que só falta poñelo en marcha.


 Co seu desenvolvemento non só aprenderemos o nome correcto, en galego, das diferentes plantas medicinais e/ou aromáticas senon que tamén as sementaremos, estudiaremos as súas propiedades: curativas, de beleza, de insecticidas...

Faremos diferentes libros, solicitaremos a colaboración das familias, e poñeremos en práctica todo o aprendido: faremos xabóns naturais con plantas medicinais, aceites esenciais, ...

Ademáis expoñeremos mensualmente refráns e ditos relacionados coas plantas, etc, etc.
 
Pouco a pouco, neste blog, iredes vendo como marchan as cousas.

23 feb 2014

CENTENARIO DO NACEMENTO DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Este ano 2014, o día das Letras Galegas está adicado a :

 XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO.



O pasado 19 de febreiro celebrouse o centenario do seu nacemento (que tivo lugar en Guitiriz no ano 1914).
Aquí vos deixamos un poema para ir quentando motores.

Esta sede infinita de pureza
ausoluta, esta sede de xustiza
que nos queima, esta sede de beleza...
baixo as alas de pedra da preguiza
e a paga do pecado en cada esquina
e a herbiña sobre a foia e a ruína...

¡Esta sede de lus, mentres o vento
da norte zúa darredor das cousas
que están no noso corazón, cincento
sopro que arrinca os días, queima as chousas
máis íntimas, e várreas como a ágoa... !

A lus do mundo é a que arde nunha bágoa