25 nov 2012

O PROVERBIO DA SEMANA

Esta semana poidemos ler o seguinte proverbio:

22 nov 2012

DÍA MUNDIAL DA MÚSICA

No ano 1954 Santa Cecilia foi nomeada patroa da música polo Papa Gregorio XIII . A súa festa é o 22 de novembro, data do seu nacemento e que foi adoptada mundialmente como Día da Música. Aínda que esta data non aparece reflexada no calendario escolar deste ano, decidimos prestarlle tamén atención.

Así imos conmemoralo cunha canción galega que ten moito que ver co noso Proxecto...



DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DOS NENOS

Aínda que non apareza reflexada no calendario escolar a súa celebración, o 20 de Novembro celébrase o Día Universal dos Dereitos dos Nenos. Todos e cada un destes dereitos que están recollidos na DECLARACIÓN DOS DEREITOS DO NENO e na CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DO NENO, son inalienables e irrenunciables, polo que ningunha persoa debe vulneralos e todos debemos coñecelos.

O PROVERBIO DA SEMANA

Esta semana tocou o seguinte proverbio.

11 nov 2012

O PROVERBIO DA SEMANA

Esta semana tocou o seguinte proverbio.

O MAGOSTO

O xoves, aínda que o tempo non nos acompañou, celebramos o Magosto polo alto. Comemos castañas ata cansar e ademais a ANPA mercou zumes para axudar a baixalas.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Aquí vos amosamos o mural do EDLG.

7 nov 2012

O SAMAÍN NA EDUCACIÓN INFANTIL

Na Educación Infantil vivimos unha xornada de Samaín moi intensa. Xa chegamos ao cole disfrazados de terror (vampiros, bruxas, esqueletos...) excepto os nenos/as de 4 anos A aos que o seu mestre caracterizou de castrexos.
Iamos tod@s moi guapos.
Despois, algúns mestres de infantil convertéronse en actores para representar unha adaptación do conto "CORRE, CORRE, CABACIÑA".
Resultou todo un éxito. Aquí vos amosamos pequenos anacos da obra.




Dende o EDLG, entregáronse 3 diplomas ás cabazas máis orixinais desta etapa educativa. Un diploma foi para Brais Allo (3 anos), outro para Michel Núñez (4 anos) e outro para Lucía Poveda (5 anos).



Foi unha xornada tan especial que ata acudiron 2 fotógrafos (un do Diario de Bergantiños e outro de La Voz de Galicia) para retratarnos.

O SAMAÍN NA EDUCACIÓN PRIMARIA

Na Educación Primaria festexaron o Samaín coa participación na exposición de cabazas.
Ademais, dado que o Samaín trata sobre o MEDO... relacionouse o noso proxecto anual (O UNIVERSO) con este festexo de orixe celta, traballando os extraterrestres. Os nenos/as responderon en murais expostos nos seus corredores a diferentes preguntas sobre os extraterrestres, realizaron debuxos, etc, etc.




Dende o EDLG, entregáronse 3 diplomas ás cabazas máis orixinais de cada ciclo educativo. A profesora Noelia L., disfrazada de bruxa, foi a encargada de ir polas aulas entregando os diplomas.


NO PRIMEIRO CICLO
Un diploma foi para Sergio Caamaño (1ºA), outro para Andrea Cancela (2ºA) e outro para Ainhoa López (2ºB).




NO SEGUNDO CICLO
Un diploma foi para Martín Viaño (3ºA), outro para Andrea Torrado (3ºC) e outro para Lucía Ceán (4ºB).




NO TERCEIRO CICLO
Un diploma foi para Marta Sánchez (5ºB), outro para Eva Bouzas (6ºA) e outro para Iván Iglesias (6ºB).


*Hai nenos/as que non teñen asinada a autorización do uso da imaxe.

6 nov 2012

AS CABAZAS DO NOSO COLE

Aquí vos amosamos algunhas das cabazas que o alumnado trouxo ao colexio.
A verdade é que foron moitas.
Moitas grazas familias pola vosa colaboración.


4 nov 2012

O MAGOSTO




A ORIXE DO TERMO MAGOSTO

Hai varias teorías sobre a orixe do seu nome: mentres uns coidan que vén do latín "magus ustus" algo así co significado "gran fogueira", outros especialistas pensan que "Magosto" deriva do latín "magro" coa equivalencia de grande, con algo de "magus", máxico ou feiticeiro.....

A ORIXE DA FESTA DO MAGOSTO

É unha festa de orixe pagá que logo foi cristianizada, e, como tódalas festas de carácter agrario, pode situarse na Prehistoria, cando o ser humano vai adquirindo consciencia individual e social . É unha festividade relacionada co culto á fecundidade; de aí a súa relación co lume, representando ó sol, deus fecundador da terra.
Con posterioridade foi asociada ós santos e defuntos, por iso se festexa o 1 de novembro, por ser unha comida que simboliza a morte do ciclo solar anual. Máis tarde nas terras de Ourense pasou a celebrarse o día 11 de novembro, festividade de San Martiño.
 Tradicionalmente outono, castaña e defuntos aparecen asociados na festa dos magostos. Enténdese que cada castaña comida é unha alma liberada do purgatorio. Dise tamén que despois da festa as almas viñan a quentarse nas brasas das fogueiras, polo que cumpría deixar algo de castañas para a parroquia dos mortos.

Di o refrán:          "Polo San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño".



O SAMAÍN

En breve subiremos as fotografías do Samaín.
Antes o EDLG ten que asegurarse de que os nen@s que saen nelas teñen autorizado o uso da súa imaxe.