4 nov 2012

O MAGOSTO




A ORIXE DO TERMO MAGOSTO

Hai varias teorías sobre a orixe do seu nome: mentres uns coidan que vén do latín "magus ustus" algo así co significado "gran fogueira", outros especialistas pensan que "Magosto" deriva do latín "magro" coa equivalencia de grande, con algo de "magus", máxico ou feiticeiro.....

A ORIXE DA FESTA DO MAGOSTO

É unha festa de orixe pagá que logo foi cristianizada, e, como tódalas festas de carácter agrario, pode situarse na Prehistoria, cando o ser humano vai adquirindo consciencia individual e social . É unha festividade relacionada co culto á fecundidade; de aí a súa relación co lume, representando ó sol, deus fecundador da terra.
Con posterioridade foi asociada ós santos e defuntos, por iso se festexa o 1 de novembro, por ser unha comida que simboliza a morte do ciclo solar anual. Máis tarde nas terras de Ourense pasou a celebrarse o día 11 de novembro, festividade de San Martiño.
 Tradicionalmente outono, castaña e defuntos aparecen asociados na festa dos magostos. Enténdese que cada castaña comida é unha alma liberada do purgatorio. Dise tamén que despois da festa as almas viñan a quentarse nas brasas das fogueiras, polo que cumpría deixar algo de castañas para a parroquia dos mortos.

Di o refrán:          "Polo San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño".