18 nov 2013

O MONTE: lendas, contos...


Seguide animándovos a traer contos do monte, lendas...

Aquí vos vai unha lenda: A LENDA DO MONTE TEIXIDÓN (aportada pola familia de Javier Goimil)

"Preto da aldea na que nacín, está o Monte de Teixidón. Por el discorre un pequeno río, que nalgún tramo ten pequenas cascadas. Nesa zona, o río tamén forma un remanso de bastante profundidade, que de sempre se chamou o Pozo da Serpe.
Conta a lenda que isto é así porque alí vivía unha serpe xigante, e nesa época ninguén se acercaba moito a aquel lugar polo temor que lles causaba o animal.

Parece ser, que un home do lugar, con fama de ser moi valente, empezou a traballar nunha mina de wolframio que había preto da cima do monte, e que para ir a diario tiña que pasar polo lado do Pozo da Serpe ou dar un gran rodeo.
Como non o asustaba nada, pasaba por alí a diario,aínda que algúns vellos do lugar o trataban de tolo por iso. O caso é, que ó pouco tempo aquel home desapareceu e non se volviu a saber del.
Hai quen di que no seu camiño se puido atopar con lobos (que naquela época abundaban) pero outros estaban convencidos de que a súa desaparición tivo que ver ca Serpe".

MAGOSTO 2013

Aproveitamos a celebración do Samaín para festexar o Magosto.



O SAMAÍN 2013

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega damos as grazas a todos aqueles alumnos e alumnas ue  participaron en dita celebración traendo a súa cabaza.
En realidade, algunhas daban moitísimo medo, outras estaban caracterizadas de personaxes coñecidos... Mellor, mirade!










Todos os participantes levaron un diploma acreditativo.




Ademais todos aqueles nenos e nenas que quixeron, poideron vir a tarde do 29 de outubro disfrazados. Aquí vos amosamos algún alumnado de infantil.