1 dic 2013

ÁRBORES GALEGAS

Esta fin de semana o programa Top 10 da TVG tratou sobre as árbores galegas.
Aquí volo deixamos para que lle botedes unha ollada.

18 nov 2013

O MONTE: lendas, contos...


Seguide animándovos a traer contos do monte, lendas...

Aquí vos vai unha lenda: A LENDA DO MONTE TEIXIDÓN (aportada pola familia de Javier Goimil)

"Preto da aldea na que nacín, está o Monte de Teixidón. Por el discorre un pequeno río, que nalgún tramo ten pequenas cascadas. Nesa zona, o río tamén forma un remanso de bastante profundidade, que de sempre se chamou o Pozo da Serpe.
Conta a lenda que isto é así porque alí vivía unha serpe xigante, e nesa época ninguén se acercaba moito a aquel lugar polo temor que lles causaba o animal.

Parece ser, que un home do lugar, con fama de ser moi valente, empezou a traballar nunha mina de wolframio que había preto da cima do monte, e que para ir a diario tiña que pasar polo lado do Pozo da Serpe ou dar un gran rodeo.
Como non o asustaba nada, pasaba por alí a diario,aínda que algúns vellos do lugar o trataban de tolo por iso. O caso é, que ó pouco tempo aquel home desapareceu e non se volviu a saber del.
Hai quen di que no seu camiño se puido atopar con lobos (que naquela época abundaban) pero outros estaban convencidos de que a súa desaparición tivo que ver ca Serpe".

MAGOSTO 2013

Aproveitamos a celebración do Samaín para festexar o Magosto.



O SAMAÍN 2013

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega damos as grazas a todos aqueles alumnos e alumnas ue  participaron en dita celebración traendo a súa cabaza.
En realidade, algunhas daban moitísimo medo, outras estaban caracterizadas de personaxes coñecidos... Mellor, mirade!










Todos os participantes levaron un diploma acreditativo.




Ademais todos aqueles nenos e nenas que quixeron, poideron vir a tarde do 29 de outubro disfrazados. Aquí vos amosamos algún alumnado de infantil.



27 oct 2013

MAGOSTO 2013


SAMAÍN 2013


Cada participante levará un diploma.

20 oct 2013

RADIO VOZ

Aquí van unhas fotos dos nen@s de 6º e 4º de primaria en Radio Voz.

OS RESPONDÓNS con "A inspectora preguntona" (de 6º de primaria)



OS MONTESES con "Unha excursión con sorpresa" (de 4º D)



27 jun 2013

BEN FALADO! 1º CICLO PRIMARIA

BEN FALADO! 2º CICLO PRIMARIA

BEN FALADO! 3º CICLO PRIMARIA

Aquí vos amosamos a nosa Revista Escolar: A NOSA VOZ













Este curso realizamos 50 revistas impresas para que pasen a formar parte das aulas.


UNHA BOA NOVA

A curtametraxe do noso colexio recibiu unha mención especial pola expresividade e espontaneidade lingüística e máis pola composición estética. 

  PARABÉNS!

16 jun 2013

A NOSA CURTAMETRAXE PARA O CONCURSO: NÓS TAMÉN CREAMOS!

Aquí vos amosamos a curtametraxe que as aulas de 4 anos B e 5 anos C xunto coas súas mestras e a mestra de apoio Marta, elaboraron para o concurso Nós tamén creamos! Animámosvos a vela. Do mesmo xeito, podedes ver máis curtametraxes (doutros colexios) na web da CRTVG.        A NOITE DAS MUDANZAS

Granxeiro Leiro daba voltas e máis voltas na 
cama, pero non podía durmir: esquecera tomar o 

seu vaso de leite! Ergueuse coa idea de ir muxir 
a vaca, pero aquela era a noite das mudanzas e, 





ASÍ O FIXEMOS!

26 may 2013

12 may 2013

LETRAS GALEGAS 2013


Roberto Vidal Bolaño, nado en Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1950  e falecido na mesma cidade o 11 de setembro de 2002, foi un autor, director e actor de teatro galego, pioneiro da dramaturxia profesional en Galicia.

Entre as súas obras podemos destacar:


A BURLA DO GALO



TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL


No noso mural expuxemos os 10 carteis gañadores do concurso das Letras Galegas.                         Noraboa ao Ceip de Rianxo




    

* O EDLG deixou á disposición de todos os mestres/as un libro con actividades para os diferentes ciclos en conserxería.

O PROVERBIO DA SEMANA


6 may 2013

O PROVERBIO DA SEMANA


O DÍA DO LIBRO

Dende o EDLG fíxose unha proposta de contos relacionados co proxecto do Universo.


O PROVERBIO DA SEMANA


14 abr 2013

O NOSO MURAL: O SISTEMA SOLAR

Aquí vos amosamos como quedou o mural que realizamos para este trimestre: "O Sistema Solar".


O PROVERBIO DA SEMANA


7 abr 2013

O DÍA DA SAÚDE

Hoxe, día 7 de abril, celébrase o Día Mundial da Saúde.



No calendario escolar está recollido como unha conmemoración que se debe traballar.
Dado que é domingo, mañá luns realizaremos traballos co alumnado.



Se pinchas no botiquín amosámosvos unhas mostras dos traballos que propoñemos.

O NOSO RECEITARIO

Mañá pasará a formar parte da biblioteca do colexio o noso libro de receitas.
Dado que foron moitas as receitas que recollemos, fixemos unha selección.
De todos xeitos, as receitas que non están recollidas no libro tamén estarán á disposición de todos na biblioteca do centro.
Aquí vos amosamos como quedou o noso receitario. Pinchade na portada e verédelo pero mellor PASADE POLA BIBLIOTECA A LELO!!!


O PROVERBIO DA SEMANA


O ÚLTIMO PROVERBIO DE MARZO


17 mar 2013

A SEMANA DA PRENSA E O DÍA DO CONSUMIDOR

Esta semana está reflexada no calendario escolar como a Semana da Prensa.
De aí que o noso recuncho de normalización contase cun mural no que aparecen recortes de xornais referentes ás outras dúas conmemoracións do mes de Marzo: ao Día da Muller Traballadora e ao Día dos Dereitos do Consumidor.



OLLO!, QUE NON CHE METAN GATO POR LEBRE!!!


E AGORA UN PAR DE VIÑETAS PARA POÑERLLE UN POUCO DE HUMOR, QUE PARA ISO TEMOS DEREITOS!!!



2 mar 2013

O DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O venres día 8 celébrase o Día da Muller Traballadora.


              "SEN MULLERES NON HAI GALICIA"  (Xunta de Galicia)
Pincha na imaxe e verá o vídeo que promove a Consellería.



Dende o equipo de Normalización, colocamos un pequeno mural referente ao tema.



Tamén  propoñemos díferentes actividades para os diferentes ciclos.




Pincha na imaxe e verás exemplos de actividades para os máis pequenos.




O ÚLTIMO PROVERBIO DE FEBREIRO


O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro está recollido oficialmente como o Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.

Pinchando na imaxe verás un vídeo da súa vida e obra.


Ademáis, celébrase o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, obra clave de Rosalía.



 No noso colexio celebrouse ao largo de toda esta semana esta data tan importante. Cada día, na hora do Proxecto Lector, cada ciclo subiu á biblioteca para escoitar fermosos versos de Rosalía que recitaban outros alumnos/as.

Por exemplo, aquí vedes ao alumnado máis pequecho escoitando a nenos e nenas de 4º de Educación Primaria.

24 feb 2013

O PROVERBIO DA SEMANA


ALGÚNS DOS NOSOS TRABALLOS

Na seguinte presentación amosámosvos algúns dos traballos que estamos realizando no colexio para o proxecto de Normalización.

11 feb 2013

VENRES DE PASARRÚAS

O venres todo o alumnado e mestres/as saímos á rúa a amosar os nosos disfraces.
Todos ían moi guapos, aquí o podedes comprobar.

UNHA TARDE DE ENTROIDO

O xoves pola tarde o alumnado de infantil poido asistir disfrazado libremente ao cole.
¡¡¡FÍXOSE UNHA FESTA RACHADA NO XIMNASIO!!!

Primeiro a profe Isabel, a profe MªCarmen e a profe Marta representaron o conto "Quen teme ao lobo feroz?", no que o lobo intenta comer á nena pero a nena que era moi lista deulle un caramelo que lle pegou á boca.
As nosas grandes actrices fixérono moi ben e os nenos e nenas e tamén os mestres pasámolo xenial.


Despois houbo un desfile: comezamos os mestres para logo ir saíndo as princesas e raíñas, os superheroes, as sevillanas... e por último tivemos unha degustación de productos típicos da época: orellas, filloas e rosquillas.


O RECUNCHO DE NORMALIZACIÓN

Para ambientar o mural de Normalización co motivo da celebración do Entroido, pintamos un cadro de Joan Miró para continuar traballando co "Universo de Miró" recollido no noso proxecto.


O PROVERBIO DA SEMANA