11 feb 2013

UNHA TARDE DE ENTROIDO

O xoves pola tarde o alumnado de infantil poido asistir disfrazado libremente ao cole.
¡¡¡FÍXOSE UNHA FESTA RACHADA NO XIMNASIO!!!

Primeiro a profe Isabel, a profe MªCarmen e a profe Marta representaron o conto "Quen teme ao lobo feroz?", no que o lobo intenta comer á nena pero a nena que era moi lista deulle un caramelo que lle pegou á boca.
As nosas grandes actrices fixérono moi ben e os nenos e nenas e tamén os mestres pasámolo xenial.


Despois houbo un desfile: comezamos os mestres para logo ir saíndo as princesas e raíñas, os superheroes, as sevillanas... e por último tivemos unha degustación de productos típicos da época: orellas, filloas e rosquillas.