31 ene 2015

REFRÁNS E DITOS CON PLANTAS

Aquí vos ensinamos o noso mural.
Nel aparece un dito popular que empregan moito os avós e avoas.


 ASÍ ESTÁ AGORA O NOSO RECUNCHO


O ROMEU

Aquí vos amosamos o noso mural sobre o romeu: unha planta medicinal con numerosas propiedades.


19 ene 2015

CONTINUAMOS CO TALLER DE CONTOS EN GALEGO COS MÁIS PEQUENOS

Traballamos os contos de Cocorico, A casa da Mosca Chosca, A que sabe a Lúa, Boas Noites Bufo, O cascabel da gata...
Aí vos van unhas poucas imaxes:






INTERCAMBIO DE CARTAS CO CEIP ESCULTOR ACUÑA

Este curso, o alumnado de 6º de Primaria vai intercambiar cartas con outro alumnado da mesma idade dun colexio de Vigo.
Xa chegaron as primeiras cartas... 
O noso alumnado procurará responder o antes posible.




A MACELA

Outro dos nosos murais estivo dedicado a unha planta medicinal moi propia da nosa Terra: A MACELA.

 

O NOSO RECUNCHO DE NORMALIZACIÓN POLO NADAL

Para festexar estas datas tan especiais fixemos dous murais nos que puxemos información sobre o acivro e as súas propiedades medicinais e o incenso. Aquí volos amosamos.




O NADAL

Este Nadal celebrámolo polo alto: festival de Infantil, festival de Primaria, Concurso de postais, visita dos Reis Magos...



CONCURSO DE POSTAIS
Foron moitos os nenos e nenas que participaron. Escollemos as imaxes gañadoras e como non, entregamos premios e diplomas.
Dado que o tema do noso proxecto é a menciña natural, o agasallo consistiu nun lote de xabóns e produtos naturais.










FESTIVAL DE NADAL
Aquí unhas imaxes:





TAMÉN NOS VISITARON OS REIS MAGOS:
Os máis pequechos/as subiron ao seu colo e déronlle as súas cartas.