24 feb 2013

O PROVERBIO DA SEMANA


ALGÚNS DOS NOSOS TRABALLOS

Na seguinte presentación amosámosvos algúns dos traballos que estamos realizando no colexio para o proxecto de Normalización.

11 feb 2013

VENRES DE PASARRÚAS

O venres todo o alumnado e mestres/as saímos á rúa a amosar os nosos disfraces.
Todos ían moi guapos, aquí o podedes comprobar.

UNHA TARDE DE ENTROIDO

O xoves pola tarde o alumnado de infantil poido asistir disfrazado libremente ao cole.
¡¡¡FÍXOSE UNHA FESTA RACHADA NO XIMNASIO!!!

Primeiro a profe Isabel, a profe MªCarmen e a profe Marta representaron o conto "Quen teme ao lobo feroz?", no que o lobo intenta comer á nena pero a nena que era moi lista deulle un caramelo que lle pegou á boca.
As nosas grandes actrices fixérono moi ben e os nenos e nenas e tamén os mestres pasámolo xenial.


Despois houbo un desfile: comezamos os mestres para logo ir saíndo as princesas e raíñas, os superheroes, as sevillanas... e por último tivemos unha degustación de productos típicos da época: orellas, filloas e rosquillas.


O RECUNCHO DE NORMALIZACIÓN

Para ambientar o mural de Normalización co motivo da celebración do Entroido, pintamos un cadro de Joan Miró para continuar traballando co "Universo de Miró" recollido no noso proxecto.


O PROVERBIO DA SEMANA


XA SE ACERCA O ENTROIDO

Este curso escolar, o equipo de Normalización realizou un Mandadiño moi simpático.
Aquí volo deixamos.


PARA IR QUENTANDO MOTORES
NO ENTROIDO DESTE ANO,
CADA DÍA POÑEREMOS
ALGO RARO.

O NOSO ESQUELETO FERMOSO
CADA DÍA MANDARÁ
UN MANDADO MOI GRACIOSO.

PARA O LUNS EU VOS MANDO,
E ¡POBRE DE QUEN NON OBEDEZA!
QUE TODO O MUNDO TRAIA
ALGO CHULI NA CABEZA.

E O MARTES EU MANDO,
E ¡MALO DE QUEN NON O FAGA!
QUE TRAIDADES DÚAS LÚAS/SOLES
PINTADOS NA CARA.

PARA O MÉRCORES MANDO
¡E O DIGO CON ALBOROZO!
QUE TRAIADES UNHA GRAVATA
COLGADA DO PESCOZO.

PARA O XOVES EU MANDO,
PARA ESTAR COMO NA CASA,
QUE TRAIADES O PIXAMA
OU POÑADES UNHA BATA.


(Dende o EDLG damos as grazas ao alumnado e familia pola ampla acollida que tivo este curso o Mandadiño).
Aquí vos amosamos un exemplo:

 

O DÍA DA PAZ

Este ano, dado que o tempo non nos acompañou, tivemos que celebrar o acto da Paz no pavillón.
Ata alí fomos todos os cursos coas nosas camisetas/xerseis brancos e cantamos unha fermosa canción que as mestras de música ensinaron aos nenos/as.
A mestra de relixión, como non, fixo de cantante e o alumnado seguiuna cantando e bailando.
Días antes, todo o alumnado do centro estampou no muro do pavillón a súa man, baixo o lema "AS MANS SON PARA UNIR".
Ademais estaba previsto que o alumnado de infantil realizara co seu corpo a palabra PAZ pero debido ao mal tempo non se realizou fóra. Dentro da aula procurouse facer (o resultado non foi moi bo pero para o vindeiro curso procuraremos facelo meyor).