Debido ás inclemencias metereolóxicas, o colexio decidiu aprazar a celebración.
En plena semana de Entroido, unha tarde de sol, festaxamos o Día da Paz.
Este curso, dado que o proxecto anual versa sobre as plantas medicinais, decidimos facer margaridas.
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, recopilamos 27 palabras fermosas (relacionadas coa paz), e cada aula plasmou a que lle tocou no seu pétalo.
As palabras escollidas foron:
3 ANOS A: Perdoar
-
3 ANOS B: Sorrir
-
3 ANOS C: Compartir
-
4 ANOS A: Querer
-
4 ANOS B: Amor
-
4 ANOS C: Obedecer
-
5 ANOS A: Respectar
-
5 ANOS B: Amizade
-
1º A: Unión
-
1º B: Esforzo
-
1º C: Vida
-
2º A: Beleza
-
2º B: Bondade
-
2º C: Diálogo
-
3º A: Xenerosidade
-
3º B: Igualdade
-
3º C: Colaborar
-
4º A: Tolerancia
-
4º B: Sinceridade
-
4º C: Ledicia
-
5º A: Solidariedade
-
5º B: Traballo
-
5º C: Agasallo
-
5º D: Cooperación
-
6º A: Responsabilidade
-
6º B: Fraternidade
-
6º C: Liberdade
Aquí vos amosamos o fermosas que quedaron as flores.
Rematamos o acto bailando todo o alumnado a canción "Celebra la vida"