28 dic 2012

CONTO. A QUE SABE A LÚA?



Tras a representación, demos a probar aos pequechos e pequechas anacos de Lúa.
Fóronnos dicindo a que lles sabe a eles a Lúa.


A QUE SABE A LÚA?





Durante todo este trimestre, o alumnado de infantil e o primeiro ciclo de primaria estivemos traballando co conto "A que sabe a Lúa?".
Cada aula de Ed.Infantil realizou un animal e o alumnado do primeiro ciclo de primaria realizou unha Lúa enorme na que escribiron o que a cada nen@ lle sabería a Lúa.

Para finalizar o trimestre, en Educación Infantil, representámoslles o conto aos nenos e nenas.
Agardamos que vos guste o vídeo.

O NOSO RECUNCHO DE NADAL


O CONCURSO DE POSTAIS

Tras unha selección das mellores postais, o EDLG elixiu as cinco seguintes.


Os premiados foron:
- A aula de 4 anos B (que realizou a postal gañadora coa que se obsequiou ás familias cun calendario así como outras das postais finalistas).
- e Ángela Iglesias García de 6ºB.




O ÚLTIMO PROVERBIO DO ANO

Despedimos o ano cun proverbio de Ganhdi.



16 dic 2012

O PROVERBIO DA SEMANA

O proverbio desta semana estaba moi ligado ao noso proxecto do Universo.


10 dic 2012

A CONSTITUCIÓN

A semana pasada celebramos a Constitución.
Dende o EDLG propuxemos unha serie de actividades.
Aquí vos amosamos un vídeo dun conto que explica o significado da Constitución.



2 dic 2012

O PROVERBIO DA SEMANA

Esta semana tocou un proverbio de Pitágoras.


DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O domingo 25 de novembro celebrouse o Día Internacional contra a violencia de xénero.
Dende o EDLG propuxemos aos diferentes ciclos unhas actividades por se desexaban realizar co alumnado posto que é unha conmemoración que obriga o calendario escolar a celebrar.
Aquí vos amosamos algunhas das fichas.

Ademais tamén podemos destacar unha serie de REFRÁNS TRADICIONAIS GALEGOS nos que aparece o desprestixio que se lle concedía á muller.

- O home na praza e a muller na casa.
- Ao neno e á muller dille só o que che conviñer.
- Val máis unha muller guisando que cen latricando.
- Se o segredo é de muller, segredo deixa de ser.
- Por ben que fale a muller...calada está ben.
- As pallas ao palleiro e as mulleres ao fregadeiro.
- A muller e a sartén, na cociña están ben.
- O home propón, Deus dispón, e a muller todo o descompón.

REFRÁNS nos que aparece a violencia contra a muller.

- Á muller e á sardiña tórcelle o pescozo e verás como queda mansiña.
- Ás mulleres, ou matalas ou deixalas.
- Muller morta, sete á porta.
- Á muller e á mula vara dura.