2 dic 2012

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O domingo 25 de novembro celebrouse o Día Internacional contra a violencia de xénero.
Dende o EDLG propuxemos aos diferentes ciclos unhas actividades por se desexaban realizar co alumnado posto que é unha conmemoración que obriga o calendario escolar a celebrar.
Aquí vos amosamos algunhas das fichas.

Ademais tamén podemos destacar unha serie de REFRÁNS TRADICIONAIS GALEGOS nos que aparece o desprestixio que se lle concedía á muller.

- O home na praza e a muller na casa.
- Ao neno e á muller dille só o que che conviñer.
- Val máis unha muller guisando que cen latricando.
- Se o segredo é de muller, segredo deixa de ser.
- Por ben que fale a muller...calada está ben.
- As pallas ao palleiro e as mulleres ao fregadeiro.
- A muller e a sartén, na cociña están ben.
- O home propón, Deus dispón, e a muller todo o descompón.

REFRÁNS nos que aparece a violencia contra a muller.

- Á muller e á sardiña tórcelle o pescozo e verás como queda mansiña.
- Ás mulleres, ou matalas ou deixalas.
- Muller morta, sete á porta.
- Á muller e á mula vara dura.