11 feb 2013

O DÍA DA PAZ

Este ano, dado que o tempo non nos acompañou, tivemos que celebrar o acto da Paz no pavillón.
Ata alí fomos todos os cursos coas nosas camisetas/xerseis brancos e cantamos unha fermosa canción que as mestras de música ensinaron aos nenos/as.
A mestra de relixión, como non, fixo de cantante e o alumnado seguiuna cantando e bailando.
Días antes, todo o alumnado do centro estampou no muro do pavillón a súa man, baixo o lema "AS MANS SON PARA UNIR".
Ademais estaba previsto que o alumnado de infantil realizara co seu corpo a palabra PAZ pero debido ao mal tempo non se realizou fóra. Dentro da aula procurouse facer (o resultado non foi moi bo pero para o vindeiro curso procuraremos facelo meyor).